Saturday 18 de May de 2024

O Concello de Muxía retoma o proxecto de reconstrución do Altar Maior do Santuario da Virxe da Barca en coordinación coa igrexa


O alcalde, Iago Toba, puxo sobre a mesa a idea da reconstrución dunha das postais máis significativas de toda a Costa da Morte, na que se inclúe unha réplica exacta da imaxe da virxe da Barca.

O Concello de Muxía retoma o proxecto de reconstrución do Altar Maior do Santuario da Virxe da Barca, e no que se inclúe unha réplica exacta da imaxe da virxe, en coordinación coa igrexa a través do seu sacerdote, Manuel Liñeiro.
O alcalde, Iago Toba, puxo sobre a mesa unha idea que levaba anos no caixón, e que se traduce nunha das postais máis significativas de toda a Costa da Morte. O rexedor mantívose durante semanas en contacto co párroco da Barca, Manuel Liñeiro, co xefe de Proteción Civil, Ramón Barrientos, e cunha empresa especializada en reconstrución de retablos e reparacións en espazos relixiosos, tanto para darlle forma ao proxecto como para coordinar o modo de obter financiamento para este fin.
Esta peza resultou danada nun incendio declarado a finais do ano 2013, cando un raio impactou contra o templo, nos que se rexistraron multitide de perdas materiais.
O que se pretende agora desde o Concello de Muxía é buscar unha alternativa para poder restaurar esta peza tan importante, repleta de simbolismo dun xeito xenérico para Muxía como tamén dun xeito particular para o seu equipo de voluntariado, Protección Civil.
O alcalde, Iago Toba, destacou que “supón un paso moi importante retomar contactos para poder acadar o noso obxectivo. Para Muxía ten moitísimo valor e un alto significado cultural, social e emotivo, todo o relativo á Virxe da Barca. A nosa vontade é que este santuario volva lucir como no pasado, e comezaremos os movementos para que así sexa. Temos que estudar as alternativas que sexan máis
viables, e doulle as grazas tanto ao párroco, Manuel Liñeiro, como a todos os voluntarios de Protección Civil”, sinala o rexedor.